En xeral, poderíase dicir que a publicidade consiste en transmitir información sobre un produto, marca, empresa ou servizo. É como un altofalante para dicirlle ao mundo que temos algo interesante que ofrecer. Os medios tecnolóxicos puxeron en marcha novas canles para transmitir estas mensaxes, nas cales, ser innovador converteuse nunha necesidade. Co cometido de achegar a publicidade galega máis avanzada, o programa “Galicia On” coñece como se traballa en Atlántica Comunicación, unha axencia que foi destacada no último informe ARDAN polos seus indicadores de innovación, produtividade e posición no mercado, e fala da multipremiada BAP Conde, da que saíron campañas tan coñecidas como “Vivamos como galegos”, “Dáme Galicia”, ou produtos innovadores, como o iogur de licor café.