O equipo do programa visita dúas empresas que utilizan o pan como base para a creación de innovadores negocios.A primeira é Daveiga, en Chantada, que fabrica as galletas mariñeiras, unha adaptación moderna do chamado “pan de barco ou biscoito de barco”, unha antiga solución que empregaban os mariñeiros para conservar o pan nas longas viaxes por mar.Despois deste aperitivo, o programa segue ata O Porriño, onde se atopa A Cociña de Lumai, unha empresa familiar onde son expertos en elaborar pizzas de masas artesás obtidas de receitas de pan galego.