Galicia é a novena potencia forestal europea. Lidera o sector a nivel estatal e o 50% da madeira que se corta en España procede dos nosos montes. Unha das moitas aplicacións que ten esta materia prima é a da elaboración de mobiliario. O programa “Galicia On” visita Anquin Madeira, unha empresa limiá experta na fabricación de armarios a medida. Traballar por pezas permítelles facer de cada armario un elemento totalmente personalizado. De Xinzo de Limia ata Narón, onde se atopa Cándido Hermida, todo un xigante e referente neste ámbito a día de hoxe, pero cuns inicios ben diferentes, marcados por un oficio artesán e pola falta de traballo na comarca de Ferrolterra.