Os almacéns son pezas fundamentais en calquera estrutura comercial ou industrial. Grazas aos sistemas informáticos e ao desenvolvemento de tecnoloxías específicas, os almacéns convertéronse en centros intelixentes desde os que se xestionan inventarios de todo tipo de produtos nun tempo récord. Unha das áreas en que a eficacia da loxística se pon a proba en cada un dos procesos é o da xestión de produtos conxelados. Frigalsa leva máis de 40 anos innovando na loxística do frío desde as súas instalacións no porto de Vigo. En 1965 nacía unha empresa que fixo da xestión loxística na distribución dos recambios un dos seus selos de identidade. Hoxe, AD Grupo Regueira conta cuns almacéns centrais de 9.000 metros cadrados, desde os que xestiona 110.000 referencias, manexa unha flota de 220 vehículos e dá emprego a máis de 500 persoas.