A fibra de carbono é un material sintético máis resistente ca o aceiro e tan lixeiro coma o aluminio. A súa chegada ao sector industrial revolucionou a fabricación na industria aeronáutica, no sector automobilístico, no eólico e no equipamento deportivo de alta competición. O programa “Galicia On” visita dúas empresas galegas que centran o seu traballo neste material. A primeira é Carbon Composites, unha empresa viguesa especializada na elaboración de produtos de luxo en fibra de carbono. De feito, eles son os artífices da mesa de billar máis cara do mundo. A seguinte parada é Coasa, en Ourense. Unha planta de fabricación de aeroestruturas que fornece os principais fabricantes de avións do mundo.