Exportar bens e servizos é sempre positivo. As empresas diversifican os riscos, melloran a súa imaxe de marca e aumentan a produción e os ingresos. Os países que equilibran a súa balanza comercial reducen os riscos económicos e contribúen a reducir o desemprego. “Galicia On” tráenos dúas iniciativas exportadoras ben diferentes. Vermutería de Galicia, por unha banda, é unha adega que empezou a comercializar os seus produtos en 2014 e hoxe exporta a 15 países. O éxito comercial chegoulles co seu vermú St Petroni, que producen no Pazo Arretén de Padrón. O segundo proxecto é Genesal Energy, con sede en Bergondo e de capital 100% galego, que exporta o 65% dos seus equipos de produción de enerxía eléctrica a numerosos países.