O turismo de congresos é unha forma de atraer viaxeiros que gastan un 30% máis que os que veñen de vacacións. Ademais, coas viaxes de reunións conséguese o desexado obxectivo de desestacionalizar o turismo, xerando negocio, durante todo o ano. “Galicia On” fala con Ana Trevisani, directora dunha axencia de eventos, incentivos e congresos, que comezou a funcionar hai case tres décadas na capital galega e tamén é a presidenta da asociación de Organizadores Profesionais de Congresos OPC. Galicia conta con empresas que integran nos seus servizos a última tecnoloxía capaz de converter calquera presentación ou evento nun espectáculo sorprendente. No programa coñecemos unha das máis innovadoras, CEGA, especializada en pantallas con tecnoloxía LED.