Os vehículos aéreos non tripulados ou drons estanse a alzar como unha tecnoloxía con múltiples aplicacións no sector civil. En ámbitos como salvamento e urxencias, agricultura de precisión, inspección de grandes infraestruturas ou gravacións audiovisuais xa constitúen unha ferramenta indispensable. “Galicia On” quere coñecer esta semana iniciativas pioneiras neste ámbito. A primeira parada é o Aeródromo de Rozas. Neste enclave, a Xunta de Galicia está a desenvolver a Civil UAVs Initiative, unha aposta para a investigación e utilización destes sistemas na prestación de servizos públicos.  Logo disto, o programa visita Aeromedia, unha empresa coruñesa que é a día de hoxe unha das maiores operadoras a nivel nacional en servizos con drons.