Pensar hoxe nunha Galicia sementada de oliveiras podería parecerlles a moitos algo case utópico. Pero a realidade é que hai anos este cultivo era do máis común no noso país. A recuperación dunha tradición case extinta comeza a ser un feito polas empresas innovadoras que están xurdindo arredor da elaboración do aceite. O programa “Galicia On” desprázase ata Salceda de Caselas para coñecer o proxecto aceiteiro El Olivar D’Pegullal. Comezaron hai 12 anos coa plantación da oliveira e hoxe xa teñen tres variedades de aceite de oliva galego no mercado. Se xuntamos aceite con Galicia vén á cabeza o nome de Aceites Abril. Coñecemos por dentro como traballa a empresa ourensá e meteranse de cheo no seu último proxecto: a recuperación da plantación da oliveira mediante asesoramento a pequenos produtores.