Xoana é protagonista dun novo concerto do ciclo 'Galicia Emerxe'. A cantante galega presentará, xunto a súa banda, os temas que conforman o seu primeiro disco, 'Dardos', nado coa intención de fomentar un galego que derrube fronteiras e estea libre de prexuízos. A través dunha serie de cancións cunha mensaxe social marcada, nas que deixa espazo para o entretemento, Xoana aborda diferentes estilos como o pop, o rock, o reagge, o funky ou incluso o jazz. Pequenas pero precisas -ao igual que os dardos-, as mensaxes que se agochan tras as letras que escribiu a súa nai, fan da música de Xoana unha mostra da valía da cultura de Galicia.