Iniciaremos esta etapa en tren facendo o percorrido Monforte-Montefurado, igual que fixo Ruth Matilda en 1924. Unha vez chegadas ao noso destino, conversaremos con Casimiro Mondelo, un home de 95 anos que ten unha memoria prodixiosa. Xunto a el, visitaremos Montefurado e intentaremos actualizar a imaxe que Ruth deixou desta aldea. Continuaremos cara a Lentellais, no concello do Bolo, para buscar un pozo retratado pola fotógrafa hai cen anos. No día de San Xoán, Ruth inmortalizou a unhas mozas mentres comían nunha romaría en Viana do Bolo. Esta festa xa hai moito que se deixou de facer, pero Elisa Murias, unha veciña da aldea de Punxeiro, aínda recorda ben como era. Achegarémonos alí para buscar o lugar da foto e para saber máis desta celebración. Continuaremos aprendendo sobre Ruth Matilda e, desta vez, farémolo cunha videochamada con Noemí Espinosa, historiadora da arte que fixo a súa tese de doutoramento sobre Ruth. Finalizaremos este pedaciño da viaxe en Verín, onde a Ruth Matilda l