Continuamos na provincia de Lugo para adentrarnos na súa montaña. Comezaremos pola Fonsagrada, onde Ruth fixo moitas fotos no día da feira. Visitaremos o Museo da Fonsagrada para falar con Nenoso Ortiz e localizar os lugares destas imaxes. Despois coñeceremos a Lucía Arias, a tataraneta da panadeira Ramona, retratada hai cen anos vendendo o seu pan ao pé da igrexa. Antes de deixar A Fonsagrada, desviarémonos un chisco do itinerario para coñecer a Antonio Fernández ‘Paradiñas’, veciño da Pobra de Burón. Este home ten unha memoria máis grande que a montaña que habita e seguro que ten moito que contarnos. A seguinte parada será Becerreá, onde Ruth fixo unha foto da procesión do Corpus Christi. Visitaremos a vila para aclarar o misterio desta foto, xa que parece ser que a igrexa provisional que sae nela é hoxe en día o Bar Correos. Nesa mesma rúa viviu Maruja Roca, unha fotógrafa que deixou unhas imaxes máxicas do Becerreá dos anos 40. Falaremos con Nieves Neira, sobriña da fotógrafa e c