Chegamos ao final da viaxe e temos unha sorpresa moi especial. Imos escoitar a voz de Ruth Matilda Anderson! Ao longo deste programa imos poder coñecela de primeira man, grazas a unha entrevista que lle fixeron en 1977. Neste último capítulo tamén imos visitar Sobrado dos Monxes, onde imos falar co prior Carlos Gutiérrez. Co adaxo da imaxe que tomou Ruth co mosteiro totalmente en ruínas, imos coñecer a historia deste lugar. Despois temos que facer unha parada en Arzúa para falar con Andrea Birsanu, unha rapaza que botou a andar SIlvatiica, un proxecto de ilustración, collage e moito máis. Ela fixo unha reinterpretación dunha fotografía de Ruth para darlles visibilidade ás cargas mentais das mulleres do rural galego. Non queriamos rematar este percorrido sen coñecer a Abraham, o avó da nosa fotógrafa Leticia, que é o causante de que ela sexa a terceira xeración co ollo detrás da cámara. E agora si que chegamos ao final, mais temos que dar a derradeira puntada na Coruña, o lugar ao qu