O programa “Galegos no Mundo” emprenderá esta noite un novo periplo na busca de compatriotas que decidiron buscar unha oportunidade ou construír a súa vida noutro lugar. O destino do espazo da TVG será esta semana Turín, a cuarta cidade italiana por detrás de Roma, Milán e Nápoles. Capital da rexión de Piamonte, situada na marxe esquerda do río Po e rodeada polos Alpes, Turín é coñecida por ser o lugar de nacemento de ilustres políticos que contribuíron á unificación do país, por ser a plataforma de desp...