Bos Aires é a cidade máis europea de América Latina, os seus habitantes os porteños, presumen de tela avenida máis ancha do mundo, presidida polo símbolo da cidade, o obelisco. Sempre hai algo que reivindicar na praza de Maio, onde está a casa Rosada, sede do goberno.O barrio da Boca converteuse nun reclamo turístico grazas a Caminito e as súas casas de cores. Visitaremos San Telmo, onde habitaron as historias de Mafalda e onde se concentran as tendas e mercados de antigüidades. En Recoleta semella estar...