Bucarest, chea de contrastes, cos edificios comunistas omnipresentes e con xoias arquitectónicas agochadas. Bucarest é sobre todo unha cidade mergullada nun proceso de evolución trepidante e apaixonante.Visitaremos a cidade con estes cinco galegos:Marío Balboa, natural de Sarria, achegaranos ata o barrio de Lipscani onde se concentran os bares, pub e restaurantes e que na Idade Media era o centro do comercio e de intercambio de mercadorías.Fausto López, profesor de Historia e Castelán, con este vigués fa...