O equipo do programa estará hoxe acompañando a distintos galegos que se estableceron en Tunes, internándose nas súas vidas e motivacións, como o caso de Manuel Lijó, de Muros, subdirector de hotel nunha das zonas máis turísticas, Hammamet, un apaixonado polo fútbol que algunha vez xoga con futbolistas da selección tunesina; Modesto Alonso, de Bueu, xerente dunha empresa que se dedica a forrar de coiro os volantes dos coches, que nos recibe na súa casa nas aforas da capital, e tamén Eva Casanova, profesor...