Ata a única cidade do mundo asentada entre dous continentes, Europa e Asia, bañada polo Bósforo e con tres mil mesquitas, levaranos hoxe o programa que nos achega a vida daqueles galegos que decidiron emprender unha viaxe nova, noutras terras e países. No que foi dominio de Bizancio, despois de Constantinopla, do imperio romano e tamén do otomán, o equipo do programa atopou cinco historias de cinco galegos que iniciaron aquí unha vida nova.Unha destas cinco historias é a de Moncho Barbosa, que se estable...