"Galegos no Mundo", o programa máis internacional da Televisión de Galicia, volve unha semana máis para amosar como viven os galegos que residen fóra das nosas fronteiras e que se atopan nos máis diversos países e culturas.  Na edición de hoxe, “Galegos no Mundo” irá ata Lión, unha cidade que se atopa ao pé dos Alpes e tamén é a terceira máis poboada de Francia. Ademais de ser a sede de varios organismos europeos como a Interpol, Euronews e a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro, Lión conta con nada menos que 427 hectáreas da súa superficie como Patrimonio Mundial da Humanidade da Unesco.  Os espectadores da Televisión de Galicia poderán coñecer as experiencias de xente como Francisco Acuña, de 25 anos, que chegou a Lión en busca de traballo e quedou seducido completamente. Tamén Manuel Ameneiro, técnico audiovisual de Ferrol, que chegou para probar sorte e, finalmente, conseguiu traballo e amor. Con eles coñecerase un anaquiño da historia desta cidade.  Pola súa par