Luis María Caruncho Amat, A Coruña, 1929-2016. Pintor, escultor e arquitecto, é un dos máis importantes representantes do constructivismo. A súa traxectoria evoluciona desde os anos corenta ata a actualidade e sempre na procura da harmonía e o dinamismo equilibrado. Foi director do Centro Cultural Conde Duque e do Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa. A través dos apartados "Retrato", "As Claves dunha Vida", "Obra e Metodoloxía", "Pensamentos", "Contorna" e "Legado" coñeceremos, en primeira persoa, aspectos da súa vida e a súa obra.-