Jorge Castillo Casalderrey, Pontevedra, 1933. Pintor, escultor e escritor, artista no sentido global da palabra, a súa obra de difícil clasificación foi situada no surrealismo, pasando polo expresionismo o realismo máxico e a abstración. Os seus cadros de gran forza poética foron expostos en galerías de todo o mundo e hoxe é considerado un dos referentes da pintura internacional. A través dos apartados "Retrato", "As Claves dunha Vida", "Obra e Metodoloxía", "Pensamentos", "Contorna" e "Legado" coñeceremos, en primeira persoa, aspectos da súa vida e da súa traxectoria artística.-