Aproximación á figura de Bernardino Graña Villar, natural de Cangas do Morrazo (Pontevedra), nacido no 1932. Foi catedrático de Lingua e Literatura, amais de impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. É autor dunha ampla obra que abrangue diferentes xéneros: poesía, teatro, narrativa e literatura infantil. A través dos diferentes apartados, "Retrato", "As Claves dunha Vida", "Pensamentos", "Contorna" e "Legado" relataranos en primeira persoa aspectos da súa vida e a súa obra.