Especial onde os espectadores galegos puideron ver en imaxes todo un repaso do que foi ao longo da fin de semana a voda do ano en Galicia, o enlace de Marta Ortega e Carlos Torretta. Neste programa ofrécese un resumo dos dous días que durou o evento e no que as cámaras do programa estiveron a pé de rúa nos principais escenarios do enlace: a casa familiar; os hoteis onde se aloxaron os 400 convidados; o Real Club Náutico da Coruña, que acolleu a primeira cea cóctel do enlace, e no Centro Hípico de Casas Novas, onde se celebrou a gran festa.  Ademais do resumo de todo canto aconteceu ao longo da fin de semana durante a celebración da voda, este especial tamén ofrece algunhas reportaxes sobre outros aspectos da vida persoal e profesional de Marta Ortega.