A relación entre Abel e Vera afiánzase e xa son noivos. As noticias voan na casa dos Douro, así que non tardan moito en sabelo. Roberto comeza con mal pé o seu matrimonio, pero parece que está corrixindo os seus erros: Aurora cada vez está máis contenta con el. Mentres, Luís pensa máis no fútbol e en Belén que noutra cousa. A empresa Hortodouro enfróntase a un serio problema, unha denuncia que pode rematar nunha multa importante. Os problemas sucédense un detrás doutro nesta familia.