Elsa cada vez está máis tensa debido ao comportamento tan sospeitoso de Carlos durante os últimos días. A actitude de Abel mellora a pasos axigantados e está decidido a converterse nun home de proveito: quere facer ver a Vera que está equivocada respecto a el. As cousas non marchan ben en ningún dos matrimonios: Luís e Amalia non paran de discutir; Rosendo e Belén tampouco pasan polo seu mellor momento, xa que as negociacións con Luís crean moita tensión entre eles; e Aurora e máis Roberto están desbordados de traballo na súa primeira semana como marido e muller.