Aurora amósalle a información de Nina a seu pai e este non da crédito. Ademais, pode tomar unha decisión que prexudicará gravemente os irmáns Vilar. Na casa dos Douro, Perfecta e Toño vense envoltos nunha situación comprometida con Marisa. Aínda tocado pola conversa con Luís, Rosendo está decidido a desvelarlle a dona Amalia toda a verdade sobre o contrato do Rácing.