Vera reveloulle a Luís a verdade sobre o accidente: ela conducía a moto e non Abel. Gonzalo preocúpase e desconfía de que contarlle iso a Luís poida carrexarlle problemas a Vera. Elsa vai á casa dos Douro para falar con Nina e aclarar todo dunha vez. Cando Carlos saiba desta visita porase nervioso polo que puideran falar as dúas. E Belén, decepcionada tanto con Rosendo coma con Luís, comeza a pensar en marchar da cidade e esquecer todo.