Desde que chegou Nina as cousas non fixeron máis que empeorar entre eles. Na empresa as cousas tamén seguen tensas. Gonzalo está sendo moi duro con Asun, que soamente quere axudalo, pero el está tan cego en contra dos Douro que non ve as boas intencións da rapaza. Belén, a secretaria do Racing, está a pensar en deixar o seu home, animada pola aventura que está a vivir con Luís Douro.