Vera fala con Amalia sobre o accidente, pero a conversa tórcese e Amalia bótaa da casa moi enfadada. Aurora segue a meterlle a súa nai para que Nina se vaia porque pensa que está a engaiolar a Luís. Porén, o que ocupa a cabeza de Luís é a compra do club de fútbol local. Pensou nunha estratexia para facelo sen riscos, pero a Xaquín, o seu avogado, non lle parece honesta. Marisa e Roberto discuten sobre a súa relación e a intervención del na ruptura dela con Andrés.