Vera e Abel están no hospital e este último debátese entre a vida e a morte. Os Douro, consternados, esperan noticias e Fonso informa a Gonzalo da situación de Vera. Se Abel morre terán que decidir que facer cos seus órganos, xa que o rapaz é doador. Amalia está totalmente en contra disto e culpa a Luís de todo o acontecido por consentir a Abel e comprarlle a moto.