A familia Douro é un niño de víboras. Cando casou con Amalia, Luís, o patriarca, tiña dous fillos da súa primeira muller, Moncha, e iso sempre foi un lastre para a relación, xa que Amalia só pensa en defender os seus intereses e os dos seus catro fillos biolóxicos. O día da desaparición de Nina, a filla preferida de Luís, o fráxil equilibrio da familia crebouse para sempre. Moitas cousas pasaron desde entón, moitos acontecementos e sucesos que os Douro foron agochando e sufrindo desde aquela. Luís, que nunca puido esquecer a súa filla, foi perdendo a ledicia e co tempo fíxose un home duro e esixente. Os Douro están a punto de embarcarse nunha loita polo control do patrimonio familiar, xa que Luís acaba de visitar o notario para facer testamento e así garantir a continuidade do imperio que ergueu con moita ambición e ningún tipo de escrúpulo. Tras unha vida de traballo e unha grande capacidade para os negocios, a riqueza familiar non fixo outra cousa máis que medrar. E o repartimento