“Folgo e Feitura”, unha serie de documentais centrados en procesos produtivos que se realizan en Galicia para xerar un milleiro de produtos.Nesta primeira entrega, o equipo descubrirá como o pulo da cosmética autóctona está a tirar da imaxinación dos creativos de laboratorio. Algúns procesos que coñecerá o programa serán a feitura dun xabón sinxelo pero moi preciso, a produción dun bálsamo de eterna xuventude feito nunha cociña e a elaboración, xa máis industrial, dunha crema que ten os cogomelos como materia prima.