O especial “Fogos do Apóstolo 2016” é unha emisión en directo desde a praza do Obradoiro, presentada por Cristina García e Fernando Madriñán. Inclúe conexións con distintos puntos de Compostela, como o Hostal dos Reis Católicos, onde se celebra a tradicional cea dos Fogos, ou a propia praza do Obradoiro, para falar cos asistentes que agardan o comezo do espectáculo pirotécnico.  A TVG recolle a emoción dos peregrinos que rematan o Camiño na súa chegada á praza do Obradoiro  e descobre o que levan nas maletas cando volven aos seus lugares de orixe. Tamén amosa aos espectadores o Pórtico da Gloria con todo luxo de detalle. As cámaras da Televisión de Galicia tamén atravesan a Porta Santa, excepcionalmente aberta este ano por ser Xubileo da Misericordia. Así mesmo, entran no museo da Catedral, na cociña do Hostal dos Reis Católicos e na suit real, que conta cunha decoración especial por mor da festividade do Apóstolo.  No apartado musical, a canle pública emite en primicia unha versión