Despois da marcha de Valeria, Lois parece máis interesado na súa relación con Inés que nas decisións empresariais, o cal provoca un certo descontrol en Fíos. Mentres, unha gran compañía aérea portuguesa contacta coa empresa, interesada en que deseñen e produzan milleiros de uniformes para a compañía. Nunha xuntanza, todos debaten cal será a cor axeitada para os uniformes, ata que unha man inocente da coa solución ideal. Conscientes da grande oportunidade que pode supoñer, todos están un pouco nerviosos e prepáranse para darlle un gran recibimento á comitiva portuguesa. Nieves, que está moi excitada, documéntase a conciencia sobre Portugal, e na tenda Araceli, Eloísa e Paulino traballan para transforma-la súa decoración habitual.