A resaca do desfile vai converter a Valeria, a pesar de non estar presente no mesmo, no centro de atracción familiar e empresarial. Lois intenta retoma-la relación con Valeria, logo do "esvarón" sufrido con Inés, que a súa vez lle esixe que aclare que tipo de relación quere ter con ela. En Fíos todo o mundo fala de Inés, o cal provoca unha actitude de desconfianza de Valeria, que se verá acentuada por unha serie de sucesos en cadea que van colma-la paciencia. Mentres, Carmela segue no seu empeño de implicar a Valeria en Fíos e no catálogo da nova colección, ó tempo que Marco Brei empeza a ter sospeitas sobre a autoría dos deseños ata o de agora atribuídos a Inés.