A celebración do desfile, é o día máis agardado na historia de "Fíos", e todo o mundo semella estar moi intranquilo, esperando o gran momento no que estará presente ademais de Valeria Lema, a cotizada modelo Raisa Vlasova. A empresa convértese nun foco de atención mediática. Lois e Ines son entrevistados nun programa de televisión, e unha canle de moda fai unha reportaxe na fábrica. Este espectáculo mediático que se monta arredor do desfile non lle fai moita gracia a Antón, e moito menos á súa muller Nieves, que continuamente lle bota en cara o excesivo protagonismo que están a coller Lois e Inés.