As reestructuracións seguen na empresa, e logo de ser Inés nomeada Xefa de Deseño, Eloísa recibe a noticia de que abandonará a tenda e tamén traballará como deseñadora. O que en principio era un soño para Elo, xa non o será tanto, debido ás discrepancias que empezan a xurdir con Inés. A compra dunha nova máquina para a sección de alisado vai crear un conflicto laboral. Lois pensa que Rosa ou Carola deben abandona-la empresa. Constante Liñeiro, xefe de alisado, trata de axudar ás súas compañeiras. O conflicto resólvese gracias a Don Amador. Andrés Ríos, propietario de Enredos e xove deseñador de éxito, visita Fíos con frecuencia, e rumoréase que pretende mercar "Fíos". Pero Andrés tan só está interesado na sección de deseño. Ríos faille unha oferta a Inés, pero pronto se decata de que debe orienta-la oferta cara outra persoa. Richi recibe a visita da súa tía Manola, que lle pide que "enchufe" a súa prima Paula para traballar como modelo en Fíos. Cando Richi ve a Paula, unha moza con pou