Nova edición do espazo ‘Festigaliando’, que nesta ocasión amosará o que aconteceu na novena edición do Surfing the Lérez, festival de música que tivo lugar en Pontevedra, na contorna da Illa das Esculturas. Foron tres os escenarios en que actuaron artistas tales como Heredeiros da Crus, Toni Lomba e Basanta, entre outros. Ademais, máis de 200 rapaces tiveron a oportunidade de estrearse ante o público, xa que contaron cun espazo exclusivo para eles. Seguindo con esta cita festivaleira de carácter familiar, houbo tamén unha zona de ocio para os máis cativos.