Especial que amosa o que aconteceu no Resurrection Fest. O festival que ten lugar en Viveiro regresa no seu formato habitual os días 29 e 30 de xuño; 1, 2 e 3 de xullo. Polos seus catro escenarios pasan máis de 120 artistas da talla de True Mountains, Crim ou Hamlet. Este é sen dúbida un dos festivais máis populares da nosa comunidade xa que ten un gran impacto na súa contorna. Por iso, neste programa visitamos Viveiro para saber que opinan os visitantes e os negocios locais da celebración deste evento. No ‘Festigaliando’ amosamos tamén a organización do festival e coñecemos de primeira man o ambiente, a ilusión pola música e a ledicia propia deste evento.