Desde 2001 ata os nosos días, O Marisquiño converteuse no maior evento de cultura urbana e deportes de acción do sur de Europa. Un gran festival que reúne durante tres días máis de dez competicións deportivas así como distintos eventos culturais como 'break dance', exhibicións de grafiti, música en directo, etc. O Marisquiño presenta tres copas do mundo: World Cup Skateboarding Street , World Cup Skateboarding Miniramp e Dirt FMB World Tour puntuables en clasificacións globais, onde se reúnen os mellores 'riders' nacionais e internacionais. Este ano, ademais, súmase unha nova disciplina deportiva: o Basket 3x3 da FIBA, que será olímpica en Xapón 2020.