O Festigaliando achégase ata Vigo para descubrir a segunda edición do Festival Terraceo. Un evento que naceu no 2020 con motivo da pandemia e que este ano se prolongará dende o mes de maio ata finais de agosto. Polo Terraceo pasarán nesta edición máis de 40 grupos. Entre eles, artistas como Taburete, Carlos Sadness, Los Secretos, Pol Granch, Juancho Marqués, Sidonie, Leo Harlem ou Dorian. Pero ademais da música, este festival ten outra cousa maravillosa: a paisaxe. En plena terraza do Auditorio Mar de Vigo, todos os asistentes poden gozar dun atardecer fronte a ría mentres desfrutan dos diferentes concertos. Unha combinación perfecta que ninguén se quere perder e da que gozaremos nun novo programa do Festigaliando.