Seis noites de directos enérxicos, divertidos e contundentes no corazón das Rías Baixas. Así será o Festival SonRías Baixas deste ano. Un evento que se desenvolve en Bueu e polo que pasan artistas como La Pegatina, Travis Birds, La M.O.D.A., Muerdo, Sabela, SonDaRúa ou Kase.O. Un cartaz formado por figuras recoñecidas e consolidadas do panorama musical galego e estatal e completamente adaptado ao contexto sociosanitario.