O Festigaliando achégase ata o Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, para descubrir o festival do Son do Camiño Perseidas. Un evento polo que pasarán artistas como Rozalén, Camilo, Estopa ou Raphael. Este festival é xa unha referencia na comunidade galega, xa que ten un gran impacto na súa contorna e, en xeral, en toda Galicia. Xustamente por iso, o Festigaliando achégase ata a capital galega para coñecer as repercusións que ten o evento entre os empresarios e veciños. Por último, neste programa móstranse tamén todas as medidas que a organización do festival tivo que adoptar para garantir a seguridade de todos e todas.