Xoel López, Novedades Carminha, Zahara, La Bien Querida ou Ortiga. Eses son algúns dos artistas que pasarán este ano polo FIV de Vilalba. O festival celebra este ano a súa 14ª edición e o fai cun protocolo covid moi estricto. Os asistentes deberán estar sentados durante todos os concertos e en ningún momento poderán sacarse a máscara. Este evento ten unha importante repercusión en Vilalba, de feito, a organización puxo en marcha unha campaña na que están implicados todos os comercios e hostaleiros da zona e no programa Festigaliando descubriremos de que se trata.