Festigaliando fai parada esta fin de semana na Illa de Arousa, para facervos protagonistas do Atlantic Fest, un encontro coa mellor música alternativa e nunha contorna paradisíaca na Praia do Bao. A cuarta edición do Atlantic Fest reunirá a artistas como Nacho Vegas, Dorian, Los Planetas ou Love of Lesbian, que actuarán o sábado pola noite. O peche será o domingo, noutro escenario, a Praza da Abastos, no centro da Illa de Arousa e o seu protagonista será o galego Víctor Coyote. No recinto principal haberá varias zonas con diversas actividades, dende xogos para os máis cativos, rutas pola zona, presentacións de libros e ata talleres artísticos.