O Festigaliando achégase ata Ribadavia para gozar do Arteficial. Un festival que se levará a cabo o 4 de setembro e polo que pasarán artistas como Laura Lamontagne & Pico Amperio, Niki Moss, Os amigos dos Músicos ou Noiserv. Este evento é único por numerosas razóns. Entre elas, a súa situación en pleno Ribeiro, as bandas que tocan, así como tamén a súa equipa de producción: unha asociación sen ánimo de lucro integrada por mozos e mozas da comarca. O lema deste ano é “A música non pode non ser” e nós, neste programa imos descubrir por qué.