Índice de contidos 02:21 O desaparafusador perfecto 21:36 O inventor pegado ao mar 40:41 Alexande de Fisterra inventa o futbolín Feito con cabeza ten como obxectivo poñer en valor o talento das mentes creativas, tanto anónimas como recoñecidas, que desempeñan o seu traballo na nosa comunidade. Mesturando a tecnoloxía de empresas punteiras na innovación cos inventos máis coitáns feitos por creadores anónimos para dar resposta a situacións domésticas, Feito con cabeza fusionará a Galicia máis urbanita coa máis rural. Desde investigadores recoñecidos, como o vigués Xulio González, presidente e investigador principal do Centro Científico Tecnolóxico de Investigación Aplicada Teaxul, creador dunha báscula especializada en pesar obxectos en movemento baixo a auga, ata os máis anónimos, como Mariano Pombo, quen patentou en 2013 un aparello similar a un arado para arrancar as malas herbas sen esforzo e dunha maneira rápida e sinxela. Todas as súas historias pasarán polo programa