Índice de contidos 02:20 Makers de makers 24:39 Unha inventora concienciada 42:09 O inventor do cine en cor "Feito con cabeza" ten como obxectivo poñer en valor o talento das mentes creativas, tanto anónimas como recoñecidas, que desempeñan o seu traballo na nosa comunidade. Misturando a tecnoloxía de empresas punteiras na innovación cos inventos máis coitáns feitos por creadores anónimos para dar resposta a situacións domésticas, "Feito con cabeza" fusionará a Galicia máis urbanita coa máis rural. Desde investigadores recoñecidos, como o vigués Xulio González, presidente e investigador principal do Centro Científico Tecnolóxico de Investigación Aplicada Teaxul, creador dunha báscula especializada en pesar obxectos en movemento baixo a auga, ata os máis anónimos, como Mariano Pombo, quen patentou en 2013 un aparello similar a un arado para arrancar as malas herbas sen esforzo e dunha maneira rápida e sinxela. Todas as súas historias pasarán polo programa ofrecendo unha visi