Neste programa concursan, polo equipo azul, Pío de Ourense, con Mercedes Rodríguez de Pulpería Neira como mestra polbeira; no equipo laranxa, Cristina do Morrazo, con Amador Porta de Polbeiría Porta da Estrada; e, polo equipo verde, Maruxa de Cazás, con Paco Gómez de Pulpería Á Feira. Os tres intentan buscar unha boa puntuación de cara a ter posibilidades para ser o mellor polbeiro. Fernando visita a os postos da feira de Amio, onde todos os mércores se poden ver máis de dous mil cabezas de gando, e remata cun xantar de polbo á feira. Polo estudio volve pasar Linolio coa súa Polboneta para tentar enredar os concursantes. O chef convidado é Alberto González, do restaurante Silabario, que fai unha receita tradicional da súa zona no sur de Galicia, do Baixo Miño, que se chama puñetas de bacallau. Animan o programa o mago Joshua Kenneth, o grupo de música galega Brath e a orquestra Nebraska.