O equipo de 'Eu quero ser' acompañará a Ana Corredoira na súa visita aos alumnos do Grupo Escolar de Palas de Rei, o seu antigo colexio. Desde ben pequena xogaba co seu irmán a ser maior e soñaba con dedicarse a moitas cousas, sempre coa mesma condición: o seu traballo tiña que poder facerse na súa aldea. Marchou para formarse sen abandonar nunca esa unión coa súa terra e coa súa xente. Xunto ao seu pai repartía os produtos da súa granxa e aínda que el tivo que partir, deixoulle o mellor legado, o amor polo propio e as ganas de seguir. Nin madrugar, nin muxir, nin limpar… nada aasusta porque conseguiu que o seu oficio se convertese nun auténtico modo de vida.